Cambados e Vilanova, sedes para o Campionato de España Infantil Masculino de clubs

Xoves, 12 Xaneiro 2017 15:50

Cambados e Vilanova regresan á senda dos Campionatos de España de Clubs. Ambas as dúas vilas volverán a ser sede neste 2017 desta cita nacional na súa categoría infantil masculina, determinación que chega en virtude do acordo asinado este xoves, 12 de xaneiro; por Federación Galega de Baloncesto, Club Xuventude Baloncesto e representantes dos dous Concellos en cuestión.

O Campionato de España regresa a Cambados e Vilanova tras a satisfactoria experiencia vivida co mesmo nos pasados anos 2014 e 2015. As localidades da comarca pontevedresa recuperan este ano a súa condición de sedes para unha categoría, a infantil masculina, que atraerá, de seguro, notable éxito deportivo e turístico da man dos milleiros de afeccionados ao baloncesto que visitarán a zona durante a súa celebración.

A Federación Galega de Baloncesto aposta así de novo por Cambados e Vilanova outorgándolle a concesión desta organización, conscientes do bo facer de todos os implicados e do seu entusiasmo por situar, unha vez máis, a esta comarca no centro do mapa baloncestístico.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e a Secretaria Xeral FGB; Susana Fernández, tomaron parte este xoves da sinatura que rubrica o acordo que porá a traballar a todas as entidades implicadas neste evento. Xunto a eles compareceron a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; o Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán; e o Presidente de C.B. Xuventude Baloncesto, Antonio Lema. No acto de rúbrica tamén estiveron presentes os concelleiros de Deportes de Cambados e Vilanova, Víctor Caamaño e Xavier Tourís, respectivamente. 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.