Deporte Galego

Noia abre o telón da XXXI Copa Galicia Sénior Masculina

  • 21 Setembro 2016 |
 A Copa Galicia recala en Noia repleta de apoios
A Copa Galicia recala en Noia repleta de apoios

O Concello de Noia acolleu este mediodía a posta de longo da Fase Final da XXXI Edición da Copa Galicia Sénior Masculina. O seu Alcalde, Santiago Freire; arroupado polo Concelleiro Deportes, Ramón Santos; e polos representantes do C.B. Noia; deu a benvida a unha nova edición da Copa, competición da que a vila xa foi sede en 2011.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en A Coruña, Roberto García; compartiron tamén esta posta en marcha. Xunto a eles, representando a Obradoiro CAB, finalista directo neste 2016; estiveron o seu novo ala - pívot, Nacho Llovet; e parte do seu equipo directivo.

Ana Bustelo, Presidenta do C.B. Noia, iniciou a rolda de intervencións explicando os detalles deportivos da Fase Final e manifestando o seu agradecemento a todas as entidades que a fan posible: Concello, FGB, Xunta de Galicia e clubs participantes.

Na mesma liña de gratitude amosáronse o Alcalde de Noia, Santiago Freire e o seu Concelleiro de Deportes, Ramón Santos. En ambos casos, fixeron fincapé na oportunidade que supón para a localidade albergar un evento co baloncesto como obxectivo, un deporte con “especial presencia no concello” e que, de seguro, revitalizará e “estimulará a práctica” do mesmo.

O presidente FGB, Francisco Martín; pola súa banda; non dubidou en resaltar o papel de C.B. Noia e Concello local pola súa “aposta continuada e firme” polo Baloncesto Galego. Labor que tamén recoñeceu por parte do Obradoiro CAB, finalista directo e “referente” da competición, presente ademais no acto desta maña na figura do seu novo xogador, Nacho Llovet; e parte da súa parcela directiva.

Roberto García, en nome da Secretaría Xeral para o Deporte; puxo en valor o poder do baloncesto autonómico e da propia Copa Galicia, á que definiu como “a competición por excelencia deste pais, un punto de unión entre cidades equipos e afeccionados”.

A competición: os detalles
Leyma Basquet Coruña e Ourense Provincia Termal protagonizarán o sábado 24, no Pavillón Municipal a única semifinal desta edición (20.30 h), a cal dará acceso ao enfrontamento definitivo, ante Obradoiro CAB, marcado para o domingo ás 19.30 h.

As entradas para cada xornada atópanse á venda, ata o venres, 23 de setembro; na sede da Federación Galega de Baloncesto en Santiago (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) en horario de 09.30 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.00 h. Así mesmo, na propia Noia os afeccionados poderán facerse coas súas entradas este mércores e venres en horario de 18.00 h a 19.00 h no Pavillón Alonso Rodríguez. As entradas posúen un prezo diferenciado por cada día: 5 euros para a semifinal do sábado; e 10 euros para a final do domingo 25.

O 50 % do valor económico da recadación da xornada de semifinais será entregado á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASPOH), entidade nada en marzo de 2016 co obxectivo de fomentar ás axudas para a investigación desta doenza.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka