Pechase a inscrición do "4º Día do Pequebasket" con 60 equipos

Luns, 02 Maio 2016 08:05

A unha semana do prazo dado inicialmente pola organización do "4º DIA do PEQUEBASKET", péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado o número de equipos anotados. O número de equipos participantes quedará nesta nova edición en 60 inscritos que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de maio.

(Info: Carballo Basket) A organización do "4º Día do Pequebasket" decidiu o pasado venres, 29 de abril; nunha reunión de acordo coa Federación Galega de Baloncesto, pechar o prazo de inscrición (inicialmente remataba o 06.05.16) desta cuarta edición dado o alto número de equipos interesados, evitando deixar así a ningunha das solicitudes fóra da actividade. Os 60 equipos que finalmente participarán no "4º Día do Pequebasket" elevan o número de participantes a máis de 700. 

Dos 49 equipos que inicialmente tiña como límite e dadas as numerosas solicitudes desta última semana, decidiuse elevar ata ao numero actual e así pechar esta edición, que unha vez máis supera as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto.

Isto vén a confirmar que a idea de organizar o Día do Pequebasket como evento lúdico-deportivo e como clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto de Carballo Basket, está a chegar aos clubs de Galicia que non queren perder este día de xogos, diversión e deporte.

O seguinte paso oficial a dar será a presentación pública desta nova edición, a celebrar o vindeiro xoves, cinco de maio (19:00 h) no Concello de Carballo.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.