Deporte Galego

XIII Día Autonómico do Minibásquet: data e inscrición

  • 12 Abril 2016 |

Xa hai data para o XIII Día Autonómico do Minisbasquet que organiza o Grupo Correo Gallego en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, entre outras entidades. Será o vindeiro 4 de xuño no pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago.

A tradicional cita dos máis pequenos co baloncesto celebra unha nova edición nunha aposta por impulsar os valores de convivencia, solidaridade e esforzo do deporte. No torneo poderán participar todos os equipos de Galicia formados por nenos e nenas nados entre 2004 e 2008, cun máximo de 12 xogadores e dous adultos por conxunto. Cada equipo deberá aportar 60 euros como cota de inscrición.

Para participar os equipos deben cubrir antes do vindeiro 24 de abril un formulario ao que se pode acceder aquí. Unha vez feita a preinscripción os conxuntos recibirán as instrucións para formalizar a súa participación. A organización recorda que para facilitar as comunicacións é importante deixar un correo electrónico de contacto.

Todos os equipos disputarán dous encontros, un de mañá e outro de tarde, e poderán participar en xogos, concursos de habilidade e noutras actividades con monitor.

Asimesmo, o Grupo Correo Gallego organizará o transporte e a manutención de todos os participantes. A organización reservarase o dereito de excluír, o mesmo día 4, todos os equipos con participantes que non estean na idade establecida.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka