Endesa e o Blusens Monbus e a Actitude Azul do CB Vilagarcía de Arousa

Luns, 12 Marzo 2012 00:00

O CB Vilagarcía quedou segundo entre un centenar de candidaturas no concurso de Endesa cuxo primeiro premio era a construción dunha cancha de baloncesto.

A Federación Galega de Baloncesto quere, dende aquí, felicitar ao club galego pola súa boa traxectoria neste concurso e polo seu traballo en prol de mellorar e facer crecer ao Baloncesto na súa zona. 

(ACB.COM) O Club Baloncesto Vilagarcía de Arousa, finalista do premio "Actitud Azul" recibiu na mañá do pasado venres, 9 de marzo, unha placa conmemorativa, así como material deportivo da Liga Endesa pola súa participación neste concurso. No acto de entrega participaron o director territorial de Endesa, Francisco Aréchaga, o adestrador do Blusens Monbus, Moncho Fernández, e os seus xogadores, que quixeron arroupar aos arousáns e animalos a ter éxitos.

O director territorial de Endesa agradeceu ao CB Vilagarcía de Arousa a súa participación no concurso e o seu determinación por demostrar os valores de Actitude Azul: eficiencia, solidariedade e respecto polo medioambiente.

O CB Vilagarcía de Arousa logrou alcanzar 4.389 votos, quedando só por detrás de Gordexola, localidade do País Vasco, que acumulou 7.684 apoios. O concurso estaba dirixido a premiar a mellor iniciativa de interese social, e o club arousán propuxo a mellora de instalacións para promover o baloncesto entre a poboación xuvenil.O certame constou dunha primeira parte, de novembro a decembro do 2011, na que se expuxeron as candidaturas.

Un xurado formado por Endesa e a Asociación de Clubs de Baloncesto seleccionou dez localidades entre o centenar que se presentaron. A partir de entón, realizouse un concurso por popularidade nas redes sociais, que se pechou o 15 de xaneiro, e no que os tres finalistas quedaron segundo a seguinte orde: Gordexola, Vilagarcía de Arousa e San Miguel de las Dueñas. O premio para o gañador foi a construción dunha pista regulamentaria de baloncesto con alumado.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.