A unión do 3x3 co Minibasket, protagonista de novo grazas ao Universitario Ferrol

Martes, 13 Marzo 2012 00:00

A Fundación Universitario Ferrol, o Patronato Municipal de Deportes e a FGB, a través da súa Delegación en Ferrol, colaboran e trasladan o seu apoio a esta iniciativa.

O Universitario Ferrol alíase unha vez máis co "3x3". Da man do seu tradicional "Torneo de Semana Santa Minibasket" promove unha nova oportunidade de trasladar este formato competitivo ás categorías base do baloncesto de Ferrolterra.

O club departamental presenta así a 24 edición desta cita, na que reuniráa un total de 32 equipos (minis ou preminis). Marcados en vermello no calendario os días 3 e 4 de abril, habilitados xa para levar a cabo esta competición.

O Polideportivo de Esteiro será a sede de xogo e operacións, acollendo cada día os partidos do Torneo a partir das 10.30 h. A duración de cada un será de dez minutos, posibilitando a disputa de tres, como mínimo, en cada xornada. As categorías de xogo serán catro, establecidas segundo a idade dos participantes, os cales teñen ata o vindeiro 30 de marzo para tramitar a súa inscrición. Un proceso, este último, ben sinxelo.

Os equipos serán admitidos por rigorosa orde de recepción da documentación. A entrega pode facerse efectiva en persoa ou por mail a través do propio club ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) ou na delegación zonal da FGB en Ferrol ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ).

Unha vez completada a indicada cifra de 32 equipos, o "Torneo de Semana Santa Minibasket 3x3" pechará o seu proceso de inscrición, con todo listo para que o balón comece a botar sobre a pista.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.