Estudiantes de Lugo, representante galego nos cuartos de final

Mércores, 16 Maio 2012 00:00

Os xogadores de Estudiantes de Lugo Júnior seguen escalando postos en Zaragoza, converténdose esta mañá no único equipo galego que consegue a clasificación para cuartos de final. Dos tres conxuntos con opcións de alcanzar esta rolda, os lucenses, coa súa vitoria ante o equipo Mallorquino de La Salle, rubricaron esta posibilidade, a cal non poderán gozar Marín Peixegalego e Compañía de María de Vigo (en feminino), derrotados hoxe nas súas correspondentes cruces de oitavos.

OITAVOS DE FINAL - 16/05/12

(09.00 h) LA SALLE COMASA - ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (69 - 98)

Desde o primeiro momento os de Lugo saíron coa concentración necesaria, a pesar de verse favoritos, para competir á altura que esixen uns oitavos de final dun campionato como este.

Só durante o segundo cuarto houbo un pequeno baixón de intensidade, que foi corrixido no tempo de descanso e que permitiu chegar ao final de partido con cómodas vantaxes que aseguraron o marcador final.

O único aspecto negativo do partido foi a lesión de Charles Nkaloulou, que cunha escordadura de nocello é seria dúbida para o partido de cuartos de final de mañá, xoves, (13.00 h) contra La Caja de Canarias G. Canarias.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.