Deporte Galego

Xornadas de Tecnificación “NOVOBASKET” Vigo

  • 20 Decembro 2013 |

Esta actividade formativa conta coa colaboración de Federación Galega de Baloncesto e “la Caixa”.

Este Nadal, Novobasket Vigo ofrece a posibilidade de aprender e formarse tecnicamente. Nas instalacións do colexio vigués de Maristas, os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro actívanse as Xornadas de Tecnificación “Novobasket”, dirixidas a xogadores e xogadoras de diferentes idades, que traballarán divididos en dúas categorías diferentes: “Minibasket” e “Baloncesto”

A acción formativa permitirá aos participantes mellorar cuestións como o bote, o tiro e diferentes aspectos de técnica individual, todo, por suposto, acompañado de tempo libre e ocio dirixido por monitores profesionais.

Adestradores cualificados serán os encargados de dirixir as sesións deportivas cada día, repartindo a carga de traballo nos seguintes horarios:

Grupo Minibasket
10.00 h - 12.00 h: adestramentos
12.00 h – 13.00 h: xogos

Grupo Baloncesto
12.00 h - 14.00 h: adestramentos

Información e Inscricións
Todos os interesados en recoller información sobre estas Xornadas de Tecnificación “NOVOBASKET” Vigo, así como levar a cabo a súa inscrición nas mesmas poden facelo a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence