XV Clínic "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro"

Venres, 07 Setembro 2018 15:49

A APSX Sagrado Corazón de Lugo organiza o seu xa tradicional Clínic de Baloncesto "Lugo é Basket - Hierros Ferreiro". A cita, con sede na cidade de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 15 de setembro.

O protagonista desta edición do Clínic, a décimo quinta de xeito consecutivo; será Jota Cuspinera, adestrador máis que recoñecido no panorama nacional, con experiencia na Liga ACB e na formación dos xogadores máis novos.

A actividade estará orientada á base do baloncesto, pero co obxectivo de achegarse tamén aos adestradores profesionais a través dun completo programa que comanda o propio Cuspinera conxugando formación e debate e repartíndose do seguinte xeito:

XV Clínic “Lugo é Basket – Hierros Ferreiro (15/09/18)

10:30 h - Presentación e entrega de material.

10:45 h - Formación: xogo co poste baixo.

12:30 h - Rendemento: sistemas para xogar co poste baixo.

14:00 h - Xantar.

16:00 h - Análise: elaboración dun scouting de equipo.

17:45 h - Workout: traballo de tiro en postemporada.

19:15 h - Conclusións.

A asistencia á totalidade do clínic poderá validarse por oito horas de formación continua para os alumnos dos Cursos de Iniciación de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto.

Inscrición
Todos os interesados en facer efectiva a súa inscrición, así como en obter información extra poderán facelo vía Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. (requisitos básicos: envío de datos persoais e xustificante do ingreso en conta 2080-0151-19-3040007121. Abanca)

A cota de participación está marcada en 20 euros, ou 30 € engadindo neste caso a posibilidade de xantar e compartir tempor co propio Cuspinera.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.