Gran éxito da III edición do Torneo Basket sen Barreiras do Club Baloncesto Nigrán

Mércores, 12 Abril 2017 11:20

O Club Baloncesto Nigrán e a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Asociación Española contra o cancro (AECC), organizaron a terceira edición do Torneo Basket Sen Barreiras no pavillón do colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para a investigación contra o cancro.

Gran éxito da III edición do Torneo Basket sen Barreiras do Club Baloncesto Nigrán (Foto: @cb_nigran )

Máis de 30 equipos DE BASKET de toda Galicia déronse cita durante dous días no Pavillón do colexio de Panxón en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá serviron especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade . Para iso contaron co Club AMFIV, o centro Juan María, a asociación ALENTO de dano cerebral e COGAMI .

Para as xornadas de tarde habilitáronse 3 pistas onde xogaron os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías minibasket, preminibasket e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría mini pechando o torneo o martes de tarde.

Á entrega de medallas asistiron a deputada provincia, Digna Rivas; o Alcalde de Nigrán, Juan González; o concelleiro de Deportes, Luís Sanromán; e Berni Costas, xogador do AMFIV.

Cada xogador e xogadora participantes realizaron un donativo para a loita contra o cancro que foi depositado na urna cedida pola Asociación Española e que se atopou no pavillón durante os dous días do torneo. Todas as familias de xogadores, así como o resto de persoas asistentes ao torneo, tamén colaboraron con este fin solidario aportando o seu donativo en devandita urna.

Durante os dous días de competición realizáronse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes consistentes en material deportivo cedido pola Federación Galega de baloncesto e outros cedidos por empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán. Todo o recadado coa venda das rifas para estes sorteos, así como o recollido na urna solidaria, foi entregado unha vez finalizado o Torneo á Asociación Española contra o cancro para a loita e investigación contra esta enfermidade.

Dado o éxito deste torneo desde a directiva do club xa están traballado en próximos eventos e proxectos deportivos .

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 

Colaboradores FGB

Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.