O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

Mércores, 12 Abril 2017 09:31

Xa son varios equipos os que confirmaron a súa asistencia antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria conta superar os inscritos da cuarta edición.

Este mércores, 12 de abril; ábrese o prazo de inscrición para a V edición do Día do Pequebasket. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. 

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e a solicitude de inscrición, ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento, nesta web: www.diapequebasket.es

Inscricion
Nesta quinta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que se está a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexe pasar un dia distinto.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.