Éxito para a III edición do Torneo Solidario "Encesta un Alimento"

Luns, 26 Decembro 2016 09:40

Rotundo éxito do Torneo Solidario "Encesta un alimento", cita que sumou a súa terceira edición organizada polo CB Nigrán en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.

O pavillón Municipal de Panxón acolleu durante dous días, 22 e 23 de decembro; a centos de nenos e nenas que gozaron practicando o seu deporte favorito e forxando ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos participantes aportaron alimentos non perecedeiros co fin de ser entregados ao Banco de Alimentos.

(Info: CB Nigrán) Máis de 48 horas de baloncesto, 65 equipos de Basket, 700 xogadores e xogadoras e máis de dúas toneladas de alimentos recollidas. Trátase do torneo máis grande organizado polo club de baloncesto nigranense, que contou nesta ocasión coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e da Obra Social “la Caixa”, do mesmo xeito que con “Frutas Nieves”, que xa colaborou na edición anterior aportando froita para todos os nenos participantes.

IMG 1198Rec

Desde a categoría baby, ata a categoría cadete, pasando polas categorías benxamín, alevín e infantil desfilaron polo polideportivo municipal diferentes clubs, colexios e escolas deportivas para disputar partidos e compartir dúas xornadas de deporte, solidaridade, convivencia e festa.

Os encontros foron arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto e árbitros en formación que participaron de xeito voluntario e desinteresado. Ademais destes encontros deportivos realizáronse diferentes sorteos de agasallos aportados pola Federación Galega de Baloncesto, o club Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas, o Club Unami de Segovia e a tenda de deportes Área Sport de Nigrán.

Ao acto de clausura asistiron o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; o alcalde de Nigrán, xunto á Tenente Alcalde; e o Concelleiro de Deportes e o director de "la Caixa", Gonzalo do Pazo; que fixeron entrega a cada neno participante dunha medalla aportada pola Fundación Obra Social “la Caixa”, que acreditaba a súa participación no torneo xunto a unha bolsa de caramelos aportada polo Concello de Nigrán.

Dende Club Baloncesto Nigrán queren dar as grazas á Federación Galega de Baloncesto, á Obra Social “la Caixa”, ao Banco de Alimentos, ao Concello de Nigrán e a Frutas Nieves por facer posible o éxito deste torneo, tanto no deportivo como no social. Dan as grazas tamén a todos os pais e nais do club que estiveron colaborando no pavillón durante os dous días de torneo, aos clubs por asistir, a aos nen@s por participar e a todas as súas familias por acompañalos.

A totalidade dos alimentos recollidos serán entregados ao “Banco de Alimentos” co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.