"Torneo 3×3 de Nadal" da man de Universitario Ferrol

Xoves, 15 Decembro 2016 10:57

(Info: Universitario Ferrol) O Universitario de Ferrol presenta a 33ª edición do seu "Torneo de Minibasket 3×3", unha cita que terá lugar durante o xoves 22 e o venres 23 de decembro no Polideportivo de Esteiro. 

Esta nova cita co seu xa tradicional campionato de Nadal, Universitario Ferrol contará con 32 equipos formados por xogadores englobados en catro categorías segundo o seu ano de nacemento. O segundo día de competición reestruturaranse os grupos para xogar contra outros equipos diferentes, en función dos resultados do día anterior. Os partidos comezarán a partir das 10:30 horas, terán unha duración de 10 minutos e cada equipo disputará polo menos tres en cada xornada.

A inscrición farase por rigorosa orde de recepción e pecharase cando se completen os 32 equipos ou, como límite, o venres 16 de decembro. Os equipos deberán inscribirse a través da Delegación Ferrolana de Baloncesto (personalmente ou por correo electrónico - Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ).

O formulario de inscrición, así como a normativa concreta deste "Torneo 3x3 de Nadal" poden descargarse nos documentos que se achegan. 

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.