FGB e CB Nigrán impulsan o III Torneo Solidario “Encesta un Alimento”

Mércores, 07 Decembro 2016 16:56

A adhesión de forzas entre ambas as entidades iníciase este mes de decembro como punto de partida para máis actividades futuras en conxunto.

O Presidente FGB, Francisco Martín; e a Secretaria Xeral, Susana Fiuza; reuníronse cos responsables do C.B. Nigrán O Presidente FGB, Francisco Martín; e a Secretaria Xeral, Susana Fiuza; reuníronse cos responsables do C.B. Nigrán

Federación Galega de Baloncesto e C.B. Nigrán coorganizarán a III edición do Torneo Solidario “Encesta un Alimento”. A institución federativa outorga o seu apoio e o respaldo da súa estrutura ao club nigrariense, ideólogo desta iniciativa, a cal se consolida este ano sumando xa tres convocatorias con notable éxito.

A edición 2016 do Torneo “Encesta un Alimento” terá lugar os vindeiros 22 e 23 de decembro no Pavillón Municipal de Panxón, agardando repetir neste escenario as cifras da pasada edición: dúas tonelas de alimentos recollidos con destino no “Banco de Alimentos”, 600 participantes chegados de toda Galicia e un alto compoñente de basket e diversión.

Nesta liña, Federación Galega de Baloncesto e C.B. Nigrán traballan xa man a man para poder ofrecer en datas próximas os detalles definitivos da actividade, da que, de seguro, a solidariedade común será de novo a absoluta protagonista.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.