Aberto o prazo de inscrición do 6º Torneo de Baloncesto 3X3 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia

Venres, 29 Xullo 2016 07:48

Esta nova edición será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3, cuxa Fase Final terá lugar en Santiago de Compostela (Praza da Quintana) o vindeiro 10 de setembro. 

Como en edicións anteriores haberá tres categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior. A temporada pasada participaron un total de 47 combinados no evento.

(Info: Seis do Nadal Coia) Os vindeiros  19 e 20 de agosto o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Sexta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3x3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o 6º Torneo de Baloncesto 3x3 como pistoletazo de saída do curso 2016/17, e como gran novidade desta edición o torneo será puntuable para o I Circuito Galego 3x3 e para o FIBA Planet 3x3.

O Torneo 3x3 estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos o venres 19 de agosto do 2016 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será o sábado día 20 de agosto do 2016 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez peche o prazo de inscrición.

Os conxuntos deberán estar formados por cinco xogadores como máximo, tres como mínimo, e poderán ser combinados masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato que serán as categorías desta nova tempada 2016/2017. Nesta Sexta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia haberá premios para os combinados campións de cada categoría, detalles que se darán a coñecer en próximas datas.

Inscrición
Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. antes do próximo luns día 15 de agosto do 2016 indicando:
- Nome e categoría do equipo participante.
- Nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5).
- Responsable do equipo e móbil de contacto.

As inscricións aceptaranse por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza nesta Sexta Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. As cuotas simbólicas de participación recolleranse antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.