IV Clínic de Baloncesto Campus Ourense

Venres, 17 Xuño 2016 10:49

Club Baloncesto Universidade de Vigo - Lagoas presenta a IV edición do seu “Clinic de Baloncesto Campus Ourense”, marcado nesta ocasión para celebrarse o vindeiro 2 de xullo no Pavillón Universitario da propia cidade das Burgas.

Dando vida a unha nova edición desta cita formativa estarán en programa tres adestradores consagrados e dos que todos os asistentes poderán extraer ampla aprendizaxe: Jota Cuspinera, técnico do Fuenlabrada de Liga Endesa; o galego Antonio Pérez, actual adestrador do C.B Clavijo de LEB Oro; e Eduardo Pascual, Director Deportivo de Movistar Estudiantes na Liga Endesa.

Os tres distribuirán a súas intervencións en horario de mañá e tarde, cubrindo a xornada dende as 10:00 h do seu inicio.

Información e Inscricións
Os detalles completos do Programa deste “IV Clínic Baloncesto Campus Ourense”, así como as posibles modalidades de inscrición no mesmo, con prazo límite para este proceso establecido no 1 de xullo, poden consultarse nos trípticos oficiais que achegamos así como vía mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Remarcar a opción de validación FGB para todos aqueles alumnos dos Cursos Federativos que asistan de xeito íntegro a esta convocatoria. A súa participación será equivalente a un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.