Día do Baloncesto "3x3 na Rúa" da man do C.B. Arxil

Martes, 02 Xuño 2015 16:13

O Club Baloncesto Arxil volve este ano a organizar o seu tradicional "3×3" na Avenida de Montero Ríos e farao grazas ao patrocinio da Deputación Provincial, do Concello de Pontevedra e do Instituto Municipal de Deportes (I.M.D). A cita será este mércores, 3 de xuño. 

(Info: C.B. Arxil) A intención do club pontevedrés consiste en promover a práctica deportiva dos máis pequenos na modalidade de baloncesto. Trátase dunha cita na que participan centos de escolares dos diferentes colexios do concello pontevedrés: Colexio concertado Divina Pastora "Calasancias", Colexio concertado Nuestra Señora de los Dolores "Doroteas", Cpr San José, Ceip San Benito de Lérez, Ceip Froebel, Ceip Barcelos, Ceip Campolongo, Asociación Virgen de la O, Ceip Carballal Marin, Ceip Manuel Vidal Portela, Ceip Alvarez Limeses e C D Amfiv. É dicir un total de 11 colexios e dúas asociacións, sumando 1100 alumnos de 3º da 6º de primaria das localidades de Pontevedra e un colexio de Marín.

3arxil

Na pasada edición, a máis numerosa ata o momento, participaron un total de 11 centros escolares, pero a intención do Arxil é conseguir aumentar ese número cada ano que pasa. Segundo manifestou a presidencia do CB Arxil, Milagres Sanmartín, nesta catorce edición do torneo espérase superar a participación de anos anteriores con preto de 1.200 nenos e pícaras gozando do baloncesto na rúa. A intención do C.B. Arxil é instalar en Montero Ríos máis de 30 canastras na que ao longo da mañá deste mércores os escolares xoguen unha media de cinco partidos.

Trátase dun dos eventos deportivos que máis participantes atrae a nivel local, onde os nenos reciben unha camiseta conmemorativa, así como refrescos durante a competición.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.