Aberto o prazo de inscrición para o Día do Pequebasket

Martes, 07 Abril 2015 10:28

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega

A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenos e, en consecuencia, a máis de 500 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

Onte día 6 abriu o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa. O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica e que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal.

A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web www.diapequebasket.es e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , ata o mércores 29 de Abril.

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.