Presentación do VIII Torneo Minibasket Baiona 2015

Mércores, 18 Marzo 2015 17:35

O IX Torneo MInibasket Baiona 2015 conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte, Gadis, Iberian p. Partners Coca-Cola, Federación Galega Baloncesto, Torvigo e Protección Civil.

 

 

O salón de plenos do Concello de Baiona vivu este martes a rolda de prensa de presentación oficial do IX Torneo Minibasket Baiona 2015, evento que organiza o Club Baloncesto Baiona en conxunto co Concello de Baiona.

O IX Torneo desenvolverase os días 27, 28 e 29 de marzo. Unha cita anual que alcanzou gran prestixio nacional, non só pola dedicación ás categorías inferiores do deporte, senón tamén pola calidade e o nivel dos equipos que no toman parte. Tendo como marco o pavillón municipal de Baiona, 33 equipos serán os equipos que loitaran polo prezado trofeo.

A esta acudiron, en representación de todos os estamentos públicos e privados que fan posible o desenvolvemento do Torneo: Jesús Vazquez Almuiña, Alcalde de Baiona; Alfonso Mandado Vázquez, Presidente do Club Baloncesto Baiona; Pablo Louro, representante de Gadisa; Jose Luis Pérez, Responsable de Relacións cos Clubs da FGB; María Jesús Martins, concelleira de deportes de Baion; e Daniel Benhavides Alonso, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo.

Tamén se celebrou o sorteo dos grupos da fase previa do torneo en categoría masculina e feminina, quedando a composición baixo a seguinte orde:

Categoría Masculino:
- Grupo A: CB Baiona, Porriño BB, Sigaltec Vilagarcía, Salgado Montrove, Basket Limiense.
- Grupo B: Seis do Nadal Coia, Castelo Branco, Estudiantes Lugo, Blanco Amor.
- Grupo C: Novobasketvigo, CB Villagarcía, CB Allariz, Basquet Coruña.
- Grupo D: CB Tui, Estudiantes Pontevedra, CB Ferrol, Bosco Salesianos Ourense.

Categoría Femenina:
- Grupo A: Porriño BB, CB Arxil, Basket Limiense, Universitario Ferrol.
- Grupo B: Colegio Mariano, CB Vilagarcía, Divino Maestro, Estudiantes Lugo
- Grupo C: Seis do Nadal, Sigaltec Villagarcía, Pio XII, CB Allariz
- Grupo D: Academia Celta, CB Baiona, Carmelitas Ourense, Basquet Coruña

Sistema de Competición
O torneo desenvolverase o sábado coa formación de 4 grupos de 4 equipo,s tanto categoría masculina como feminina, clasifícándose para o playoff final os 2 mellores equipos de cada grupo, xogando o domingo unha eliminatoria directa, cuartos, semifinal e final, ata coñecer os campións.

As finais están previstas para o domingo, 29 de marzo a partir das 17.00 h en masculina e 18.00 h en feminina. Ás 19.00 h terá lugar o acto de clausura e entrega de premio

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.