112 equipos encherán a Vilagarcía Basket Cup 2015

Mércores, 11 Marzo 2015 12:16

Novamente a Vilagarcía Basket Cup encherá de baloncesto o recinto feiral de Fexdega e outras instalacións deportivas coa presenza de 112 equipos na vixésima edición. Entre o 2 e o 4 de abril, máis dun centenar de conxuntos de Galicia, Castilla León, Cantabria, Asturias e Portugal participarán no torneo máis masivo do panorama autonómico entre as categorías benxamín e júnior tanto masculino como feminino.

Tras descartar a organización do apartado máis internacional do torneo, a organización concentrouse en desenvolver a parte de base e logramos reunir novamente un número espectacular que encherá o recinto feiral de Fexdega os tres días de competición. Un total de 40 equipos infantís, cadetes e júnior, 32 equipos de idade benxamín e 40 clubs da categoría alevín acudirán a Vilagarcía cheos de ilusión por participar neste masivo evento. Esperase un número superior aos 1.200 xogadores e técnicos neses días pola nosa cidade.

A Vilagarcía Basket Cup arrincará o xoves 2 de abril ás 10 horas co inicio do torneo alevín feminino e masculino. Esa xornada serán un total de 32 equipos participantes con partidos entre as 10 e as 18 horas de forma ininterrompida en oito canchas habilitadas para iso. Conxuntos das 4 provincias galegas, os máis representativos de Galicia, con clubs como o BB Porriño, Basket Coruña, Peleteiro de Santiago, Allariz, Arteixo, Artai de Carballo, Santa Baia, Porto do Son, CB O Meco de O Grove, Xuven de Cambados, Estudiantes de Lugo, Santiago Apóstol de Vigo, CB Baiona, Calasancias de Coruña, Marín Peixe Galego, Xiria Carballo ou o club organizador Giraldo CB Vilagarcía, terán a oportunidade tamén de medirse a equipos como o 6´25 de Ponferrada, Agustinos de León ou Juventud Pacense de Portugal.

Será, sen ningunha dúbida, un inicio brillante para a competición. Os partidos disputaranse en cinco cuartos de oito minutos. Como sorpresa para os rapaces, ademais dunha gran zona lúdica con inchables e varias actividades paralelas, na franxa horaria de tarde, haberá o clásico concurso de tiro para ver os mellores lanzadores desde varias distancias. A entrega de premios, cunha camiseta para cada un dos xogadores e un recordo a cada un dos clubs participantes, celebrarase sobre as 18,30 horas en Fexdega.

Ese mesmo día 2 ,pero a partir das 14 horas no pavillón de Castelao, iniciarase a competición da categoría júnior, tanto masculino como feminino. Co obxectivo de mellorar o torneo, decidiuse que os conxuntos de maior idade, neste caso, a categoría júnior poidan xogar nun pavillón illado o que mellorará a calidade dos encontros e poder gozar desta competición. A xornada do sábado 4 de abril si xogarán os seus partidos no recinto feiral de Fexdega para pechar o torneo.

As categorías infantís e cadete comezarán o súa periplo no torneo o xoves 2 de abril a partir das 18,30 horas nas 8 canchas que se montarán en Fexdega, xusto cando termine a categoría alevín. Equipos de Galicia como Peleteiro de Santiago, Estudantes de Lugo, CB Pontumio de Pontedeume, Xuven de Cambados, Meco de O Grove, Estudiantes de Pontevedra, Rosalía de Santiago ou Pavillón Ourense xunto aos nosos equipos do Giraldo CB mediranse aos conxuntos do Grupo Covadonga de Gijón, Atlético Avilesina, Agustinos de León, 6,25 Ponferrada, Mocidade Pacense, Basketmar ou CB Solares de Cantabria. Un verdadeiro espectáculo. Ese día pasarían por Fexdega, 72 equipos e un total de 12 horas de xogo.

Si o xoves 2 de abril as horas de xogo serán 12 horas de baloncesto de forma ininterrompida, a xornada do venres 3 de abril será verdadeiramente maratoniana cun total de 14 horas de basket, con 80 equipos en liza desde os máis pequenos á idade júnior. Será unha rolda dobre para as categorías infantil e cadete, que arrincarán ás 8,45 horas para finalizar sobre as 22 horas en Fexdega.

Os 32 conxuntos de idade benxamín inician os seus partidos ao mediodía (12,15 horas) e de forma ininterrompida xogarán ata as 18,30 horas ademais de participar en varios concursos. Para dar cabida a todos os participantes e que se xogue de forma constante, ese día desenvolveranse os encontros en 11 canchas habilitadas para minibasket. Non coincidirán encontros de minibasket cos infantís e cadetes para que os máis pequenos síntanse estrelas por un día. Espérase que preto do milleiro de xogadores disputen esa segunda xornada da Basket Cup.

O torneo tamén fai unha variación na xornada do sábado 4 de abril. Disputaranse as finais en tres bloques distintos, para que cada categoría poida observar os encontros que dirimen o título xunto aos encontros que sitúan aos equipos do oitavo ao terceiro lugar. Os partidos darán comezo ás 9 da mañá e a entrega final de premios farase sobre as 14:15 horas para pechar a vixésima edición da Vilagarcía Basket Cup.

Como sempre, este torneo de base reúne moitos participantes dos Campionatos de España de clubs das tres categorías que se disputan e que lle dan un alto valor á competición. Ademais, como sucedeu en anteriores edicións, seguro que varios xogadores dos que compitan no noso torneo pasarán a formar parte de preseleccións nacionais ademais de ser participantes moitos deles das seleccións territoriais nos campionatos interautonómicos.

A organización ten preparada unha nova e gran sorpresa final que desvelará a falta dunha semana para o comezo do torneo. Esperamos que este torneo volva supoñer un novo éxito de participación deportiva e de convivencia como así sucedeu en todos estes anos. O obxectivo é reunir máis de 1.200 deportistas, un total de 32 horas de baloncesto, máis de 200 encontros e unha afluencia de público que supere as 4.000 persoas neses tres días.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.