O Seis do Nadal celebra o III Torneo de Baloncesto 3x3

Luns, 26 Agosto 2013 00:00

Os días 30 e 31 de agosto do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal para comezar a tempada 2013/14.

O Torneo 3x3 dividirase en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3x3 paralelos o venres 30 de agosto do 2013 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3x3 de categoría júnior-sénior será o sábado 31 de agosto do 2013 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría publicaranse unha vez pechado o prazo de inscrición o día 27 de agosto do 2013.

Os equipos deben estar formados por 5 xogadores/as como máximo e poderán ser equipos masculinos, femininos e mixtos sempre respectando as idades das categorías do campionato. Na Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 do Club Baloncesto Seis do Nadal haberá premios para os campións de cada categoría, premios que se darán a coñecer en próximamente.

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. antes do próximo martes 27 de agosto do 2013 indicando nome e categoría do equipo, nome, apelidos e data de nacemento dos integrantes así como o nome e un teléfono de contacto do responsable do equipo.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.