“I Clinic Solidario para Adestradores de Formación” da man de Santo Domingo de Betanzos

Xoves, 18 Decembro 2014 11:12

No marco da formación a novos adestradores de categorías Base, o Club Santo Domingo de Betanzos programa o denominado “I CLINIC SOLIDARIO PARA ADESTRADORES DE FORMACIÓN”, evento a celebrar o vindeiro 3 de xaneiro no Polideportivo Municipal desta localidade.

(Info: Santo Domingo de Betanzos) O club promotor, tras detectar unha crecente inquietude por parte dos seus adestradores máis novos, pon en marcha esta iniciativa, que conta ademais cun especial aliciente social. 

Así as cousas, e vendo tamén o éxito de iniciativas formadoras na comarca en datas recentes, decide impulsar o “I Clínic” onde os seus adestradores de categorías de formación do club, con 20 anos de experiencia ás súas costas e máis dunha década no Santo Domingo intentarán transferir en pista, utilizando a xogadores das categorías inferiores do santo, os contidos que ao longo destes anos intentaron transmitir aos xogadores que a día de hoxe forman a realidade que é o Santo Domingo Betanzos.

O xefe dos servizos médicos do club de Betanzos, o DR. Díaz, impartirá unha charla sobre a problemática que se poden atopar en pista en canto a urxencias médicas os adestradores de formación, baseada na súa experiencia como ex xogador , médico do equipo na súa categoría EBA e actual médico do servizo de Urxencias do Hospital Modelo da Coruña.

A maiores, no documento que se achega detállase o Programa Concreto do Clínic que dará comezo ás 10:00 h.

Carácter Solidario
Este “I Clínic Solidario para Adestradores de Formación” este é un dos primeiros eventos deportivos con marcado aceno SOLIDARIO que se poñen en marcha. Non existe cota de inscrición para os novos adestradores, aos que tan só se lles pedirá a súa achega voluntaria de alimentos non perecederos, produtos que ao final da xornada se entregarán ao banco de alimentos da Cruz Vermella de Betanzos.

Para que a xornada sexa un éxito coa achega de todos e os que máis o necesitan reciban unha axuda do mundo do basket, os relatores entregarán tamén o seu tempo de forma totalmente desinteresada, así como o farán os xogadores do propio Santo Domingo.

Inscrición e Validación
O Club Santo Domingo de Betanzos solicita aos interesados que se inscriban vía mail a través do enderezo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , indicando nome, apelidos, DNI, club de procendecia no seu caso, titulación máis alta que se posúe ou que se está obtendo e se desexa asistir ao xantar cos relatores. Todo isto antes do luns, 29 de decembro.

Salientar que a validación formativa FGB tamén será habil neste “I Clínic Solidario para Adestradores de Formación”, o cal rexistrará a participación dos alumnos nos Cursos de Adestradores FGB cunha equivalencia de 8 HORAS FORMATIVAS.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.