I Torneo "LUGO É BASKET"

Martes, 16 Setembro 2014 08:35

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e da Federación Galega de Baloncesto, estrea o I Torneo LUGO É BASKET, cita na que se enfrontarán catro equipos da liga Adecco Oro en formato cuadrangular.

Os equipos presentes na cidade da Muralla serán o local CB Breogán, Leyma Basquet Coruña, Club Ourense Baloncesto e o CB Valladolid. Os catro disputarán os encontros de semifinais o día 20 de Setembro, e o terceiro e cuarto posto, máis a correspondente final, o día 21; todo na pista do Pazo dos Deportes.
 
O cadro de enfrontamentos ofrecerá a seguinte orde:
 
20/09/14
(18:00 h) Leyma Basquet Coruña - CB Valladolid
(20:30 h) CB Breogán - COB Ourense
 
21/09/14
17:00 - 3º e 4º posto
19:30 - Final
 
Acceso ao Torneo
Os afeccionados que desexen desfrutar do I Torneo LUGO É BASKET poderá facelo adquirin as súas entradas a un prezo de 5 € para cada partido, tendo a posibilidade de mercar un bono para os catro partidos, con un custo de 10 € para menores de 18 anos, e 15 € para maiores. 
Os tíckets xa se poden adquirir no local comercial “Élide”, na propia cidade de Lugo  (Ronda de Xosé Castiñeira,15).
 
Como atractivo, indicar que todos os que merquen o bono para os catro partidos entrarán no sorteo de dúas prendas deportivas asinadas polos xogadores do Ribeira Sacra Breogán.
 
Os minis galegos, convidados
A organización do Torneo convida a todos os xogadores e xogadoras de minibasket galegos a achegarse, completamente de balde, a  asistir a calquera dos partidos do torneo. Simplemente deberán solcitalo previamente vía mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.