II Campus Tecnificación "Baloncesto Cambre - Antonio Pérez Cainzos"

Luns, 30 Xuño 2014 11:48

Desde o 8 ao 11 de xullo de 2014, terá lugar o II Campus Tecnificación "Baloncesto Cambre - Antonio Pérez Cainzos", no Pabellón Municipal Sofía Touro de Cambre.

Durante estes catro días, realizaranse 8 sesións de traballo con grupos reducidos, centradas en mellóraa técnico-táctica do xogador. As sete primeiras estarán dirixidas por Antonio Pérez Cainzos, adestrador axudante do CB Valladolid (ACB), e a oitava por Ricard Casas, adestrador xefe do CB Valladolid (ACB).

O II Campus Tecnificación está enfocado para xogadores e xogadoras nados entre os anos 1994 e 2001. O Número de prazas é limitado, co obxectivo de formar grupos reducidos de traballo. As sesións realizaranse pola mañá e pola tarde, en horario por confirmar.

A cota de inscrición está valorada en 48 euros para xogadores do Club Baloncesto Cambre, e de 60 euros para xogadores externos ao Club, dando dereito a asistir ás oito sesións de traballo.

A estas mesmas sesións poderán asistir aqueles adestradores que desexen, en calidade de observadores, seguir o traballo proposto, e interactuar tanto con Antonio Pérez como con Ricard Casas tras cada un dos adestramentos. Á súa vez, esta presenza no Campus poderá validarse pola asistencia a un CETI para todos aqueles alumnos dos Cursos de Adestradores da FGB. 

A cota de asistencia para os técnicos será de 15 euros, aínda que haberá prezo especial para aqueles adestradores que se anoten ao Clínic, que se celebrará o sábado 12 de xullo.

Para tramitar a participación no II Campus Tecnificación "Baloncesto Cambre - Antonio Pérez Cainzos" a organización ofrecen dúas vías de contacto:

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

615 294 585 - 627 836 118

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.