Deporte Galego

CGAB e Federación Coruñesa de Grupos de Empresa unen esforzos

  • 24 Octubre 2013 |
A entidade coruñesa vincúlase ao Baloncesto co obxectivo de favorecer a práctica deportiva dos mozos tras a súa incorporación ao mundo laboral, así como na busca do fomento do hábito deportivo en persoas que, por motivos físicos ou técnicos, non tiveron a oportunidade de practicalo na súa xuventude.
 
 
A Federación Galega de Baloncesto estreita lazos co mundo da empresa galega e faino, nesta ocasión, a través do seu Comité de Árbitros, inmerso na Liga de Basket 2013 - 2014 da Federación Coruñesa de Grupos de Empresa.
 
Baixo esta premisa, este mesmo sábado, 26 de outubro; colexiados designados polo CGAB tomarán parte da estrea desta particular competición, que conta na presente edición con sete equipos: CHUAC, BBVA, Banco Pastor, Netex, Empregados Municipais, Andaina e Policía Local. 
 
Con sede de xogo no Pavillón Municipal dos Rosales, os participantes darán conta dunha liga regular, con 14 xornadas, seguida dun play off polo título final. Encontros, todos eles, que serán dirixidos por dous árbitros e un oficial de mesa do Comité Galego.
 
Información Puntual
O decorrer desta Liga, así como das diversas actividades deportivas que leva a cabo a  Federación Coruñesa de Grupos de Empresa, pode consultarse na súa web oficial, www.fcge.es
volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence