Deporte Galego

CGAB: Nova Convocatoria para a Formación "on line" de árbitros e oficiais

  • 22 Octubre 2013 |

- O Comité Galego de Árbitros activa a segunda convocatoria da temporada 2013 – 2014 no que a formación “on line” para árbitros e oficiais de mesa se refire.

- A través de 10 sesións teóricas  que se realizarán entre o 6 e o 17 de novembro, o CGAB abre de novo a posibilidade de iniciarse no mundo da arbitraxe dun xeito flexible a nivel de horarios e óptimo en canto a contidos.

 Novembro é o mes escollido polo Comité Galego de Árbitros para promover a segunda convocatoria da temporada para os seus Cursos de Iniciación “on Line”. Ésta levarase a cabo durante sete días concretos do calendario nos que se executarán aulas virtuais, as cales poderán cursarse segundo a elección dos alumnos.

Estableceranse dúas quendas diferentes, repartíndose unha en horario de mañá e outra en horario de tarde, e repetindo materia en cada tanda. Serán un total de 10 sesións dunha hora e corenta minutos de duración cada unha.

A presenza física na cancha dos alumnos unicamente será necesaria en tres ocasións (6 horas), ubicándose como pistas de traballo as marcadas polas diferentes delegacións zonais FGB. Posteriormente, a avaliación dos coñecementos virá da man dun test on line e dunha imprescindible proba física, ambos de carácter non eliminatorio.

Programación
Regras de xogo, Anotador e Acta, Cronómetro e 24 segundos, Psicoloxía e coñecemento do xogo e iniciación á mecánica arbitral, entre outras, serán as materias sobre as que afondar, optimizando as posibilidades que a rede ofrece e fomentando a comunicación alumno - profesor.

Inscrición
Para tramitar a inscrición nesta Convocatoria os interesados poden facelo a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou, persoalmente, no departamento arbitral das Delegacións zonais FGB. En ambos casos, deberán achegar, antes do día 5 de novembro, o formulario de inscrición e o xustificante de pago da cota actual dos cursos de iniciación do CGAB: 20 euros, a ingresar de xeito previo ao curso na conta 2100 1455 11 0200136257 (la Caixa). 

O CGAB resérvase a posibilidade de non realizar o curso se o número de alumnos inscritos non supera os 20.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence