Deporte Galego

Os Comités Zonais promoven a formación continua

  • 21 Octubre 2013 |

O Comité Galego de Árbitros, a través das súas divisións zonais, está a multiplicar a oferta de opcións formativas e de reciclaxe de contidos para os seus integrantes.

Actividade dirixidas aos colexiados e oficiais de mesa, comandadas por expertos en diferentes áreas da arbitraxe, estanse a desenvolver nesta 2013 - 2014 segundo as planificacións anuais de traballo cada comité zonal. A Delegación en Arousa é neste mes de outubro a mostra visible desta liña de actuación:

Os colexiados desta Delegación FGB foron partícipes xa o pasado xoves, 17 de outubro, nas pistas de Fexdega, dunha actividade formativa especial, promovida polo seu coordinador, José Godoy.

Coa "busca de espazos nas posicións de cola e cabeza" como temática, o Comité Zonal convocou aos seus adscritos a unha charla técnica que estivo comandada polo árbitro madrileño da Liga ENDESA, Rafael Serrano. Xunto aos presentes, Serrano debatiu e aclarou as posibles dúbidas en torno ao tema escollido e empregou a pista para diferentes exercicios prácticos.

IMG-20131018-WA0000 1

Outubro: "Plus" formativo
Con anterioridade, a principios deste mes, e co mesmo obxectivo didáctico, os colexiados arousáns contaron tamén coa visita do coordinador das Escolas de Árbitros da Federación Vasca de Baloncesto, Javier Lorenzo; quen impartiu unha conferencia sobre "os principais erros dos árbitros".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence