Deporte Galego

O CGAB reúne a tres referentes internacionais para unha nova mesa redonda online

  • 08 Xuño 2020 |

O Comité Galego de árbitros non detén a súa parcela formativa virutalk e promove para este martes, 9 de xuño (20.30 h); unha nova cita virtual baixo o formato de mesa redonda. Coa evolución da arbitraxe na última década como tema principal, o CGAB reunirá nas pantallas a tres convidados de máximo nivel internacional, máis que axeitados para conversar dende diferentes perspectivas sobre a temática escollida e baixo a labor moderadora do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez.

Estamos a falar de Sarunas Jasikevicius, Alan Richardson e José A. Martin Bertrán, un trío de avalada traxectoria e moito vivido no noso deporte:

Sarunas Jasikevicius: adestrador Zalgiris Kaunas, ex-xogador con experiencia FIBA, Euroleague, NBA, ACB, NCAA.

Alan Richardson: Referee Coach Euroleague con ampla experiencia en formación e avaliación de árbitros en Euroleague e FIBA,

 José A. Martin Bertrán: colexiado ACB, ex-árbitro FIBA e Euroleague e con presenza en numerosos eventos de primer nivel: Campionatos do Mundo e continentais FIBA, Final Four Euroleague e máis de 1000 partidos en ACB.

Inscrición

O CGAB abre a participación nesta mesa redonda a todas aquelas persoas interesadas que o soliciten, previamente vía email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. cun prazo límite marcado nas 14.00 h do propio martes.

A actividade conta cun máximo de 250 prazas as cales se completarán por rigurosa orde de chegada das solicitudes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka