Deporte Galego

Nova temporada na "Escola Galega de Árbitros"

  • 25 Octubre 2019 |

A ESGAR, Escola Galega de Árbitros que a FGB e o seu Comité de Árbitros crearon fai cinco anos para reforzar a formación dos seus colexiados e colexiadas máis novas, inaugurou este xoves un curso máis, sumando a súa V edición na que tomarán parte 22 alumnos de entre 14 e os 23 anos,  chegados de diferentes puntos de Galicia.

Esta experiencia formativa abriu as súas portas en Santiago de Compostela, nunha sesión que contou coa presenza do Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez Pérez; e o Xefe de estudos da Escola, o colexiado galego ACB, Jacobo Rial. Ambos amosaron as bases do proxecto aos participantes e presentáronlles aos seus "padriños" para a ocasión; o presidente FGB, Francisco Martín; e os xogadores de Obradoiro CAB, Pepe Pozas e Nick Spires. Os tres transmitíronlle aos colexiados e coalicasdas a importancia que para todos ten, independentemente da categoría, a figura dun árbitro; e a necesidade de seguir formánsoe par acrecer como tal.

20191024 210521


As Aulas
Esta nova edición “ESGAR” materializarase a través de oito convocatorias presenciais, que se realizarán una vez ao mes no Instituto Eduardo Pondal (Compostela) en virtude dun acordo asinado pola propia entidade educativa, da man do seu secretario, Claudio Rodiño; e a Federación Galega de Baloncesto. Nesta sede os 22 alumnos tomarán clases prácticas e teóricas, e compartirán momentos de aprendizaxe, liderados polo seu xefe de estudos e por diversos profesores que pasarán polas súas clases durante os sete meses de curso. 

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka