Deporte Galego

A Asociación Galega de Árbitros e Oficiais de Baloncesto reúnese coa directiva da FGB

  • 16 Octubre 2019 |

A colaboración entre a FGB e a AGAOB e a situación do colectivo arbitral foron os temas principais da xuntanza.

As xuntazas manteranse para acadar melloras no baloncesto galego.

A directiva da Asociación Galega de Árbitros e Oficiais de Baloncesto (AGAOB) reuniuse, o pasado martes coa Federación Galega de Baloncesto co fin de presentar a primeira asociación de árbitros e oficiais de mesa de Galicia.


Durante a xuntanza, a AGAOB amosou o seu interese en participar e colaborar con proxectos como “O Baloncesto Educa”, que actualmente a FGB ten en marcha e busca a formación en valores como a prevención da violencia nas canchas, así como outros aspectos sociais de importancia.
As necesidades do colectivo arbitral galego foron un punto importante da xuntanza, onde a FGB acolleu o compromiso de estudar a posibilidade de aumentar a cantidade de equipamento que as e os árbitros teñen para facer fronte a unha xornada, e instouse á FGB a traballar, en colaboración coa AGAOB, en aumentar a visibilidade das e dos oficiais de mesa. Un exemplo proposto pola AGAOB é realizar un recoñecemento institucional para as e os oficiais de mesa que teñan unha longa traxectoria.


Tanto a Asociación como a Federación Galega agardan manter futuras reunións co obxectivo de xerar melloras para o conxunto dos e das oficiais e as e os árbitros galegos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka