VI Curso de Iniciación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa

Luns, 13 Novembro 2017 16:23

Aberto o prazo de inscrición para a VI convocatoria consecutiva da temporada para a formación online en iniciación no marco do Comité Galego de Árbitros. 

Esta nova cita didáctica englóbase na Programación 2017 - 2018 dos Cursos “On Line” CGAB, dos que restan catro por celebrar e cuxas vindeiras datas podes consultar AQUÍ. 

Marcado para iniciarse o vindeiro 20 de novembro, e con continuidade os días 21, 22, 23, 24, 27, 28 e 29 dese mesmo mes, a través da plataforma online FGB, o Comité Galego de Árbitros proporcionará con este VI curso a posibilidade de instruirse, en base a unha programación teórico práctica, nos conceptos e tarefas propias de árbitros e oficiais de mesa: regras de xogo, acta, cronómetro e 24 segundos, psicoloxía e coñecemento do xogo ou iniciación á mecánica arbitral, entre outros.

O prazo de inscrición para esta 5º convocatoria da temporada permanecerá aberto ata o vindeiro 19 de novembro, sendo obrigatorio para tramitar a mesma seguir estes pasos:

1. Pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 20 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (“la Caixa”).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición, en primeira instancia, na plataforma online FGB e, unha vez validada esta, tramitar a subscrición no 6 º Curso de Iniciación de Árbitros e Oficiais de Mesa-2ª ed Oct 2017".

A dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. permanecerá aberta para dúbidas en consultas respecto a este proceso.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.