Deporte Galego

VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa 2016 - 2017

  • 10 Xaneiro 2017 |

ABERTA A INSCRICIÓN para o VI Curso de Iniciación “ON LINE” para árbitros e oficiais de mesa da presente temporada, convocatoria didáctica que comezará o próximo 18 de xaneiro.

O Comité Galego de Árbitros activa a VI convocatoria do ciclo 2016 – 2017 para o seu Curso “On Line” de iniciación á formación como árbitros e oficiais de mesa. Todos os interesados e aspirantes a dar un novo paso nesta área do baloncesto poden facelo a través do Campus on line FGB nun novo curso que dará comezo o vindeiro 18 de xaneiro e se estenderá ata o día 27 deste mesmo mes.

A dinámica, requisitos e proceso a seguir para todos os alumnos detállase no apartado de información do Curso dentro da propia plataforma, a cal require inscrición previa, a tramitar antes do 16 de xaneiro (14:00 h).

Os pasos concretos e indispensables a seguir para formar parte deste VI Curso de Formación Online para Árbitros e Oficiais de Mesa son:

1. Realizar o pago da cota do curso (25 € inscrición xeral. 15 € para federados) na conta ES 27 2100/1455/11/0200136257 (la Caixa).

2. Envío de xustificante de pago a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. especificando datos persoais do alumno.

3. Inscrición na plataforma online FGB e posterior inscrición no “Curso de Iniciación Árbitros e Oficiais de Mesa - Xaneiro 17".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka