A formación arbitral chega ás Ligas Special Olympics Galicia

Martes, 13 Decembro 2016 16:34

O Comité Galego de Árbitros e Special Olympics Galicia activan o I Curso de formación para árbitros destinados a dirixir actividades organizadas por Special Olympics Galicia, orientadas estas a persoas con discapacidade intelectual da nosa Comunidade Autónoma.

Estreitando os lazos que unen a ambas as institucións, e buscando reforzar a estrutura das competición promovidas no marco da súa colaboración, nestas datas de Nadal, en concreto os días 26 e 27 de decembro; FGB e FADEMGA realizarán o "I curso de formación presencial para árbitros de baloncesto - Special Olympics"

Na sede da propia FADEMGA, en Santiago de Compostela, os técnicos do Comité Galego de Árbitros impartirán este curso, achegando as bases e criterios da arbitraxe a todos os interesados en dar un paso máis neste ámbito e colaborar activamente con Special Olympics Galicia e co Club Deportivo FADEMGA nas súas ligas e nos diferentes encontros autonómicos que promovan.

A participación neste curso será de balde, previo cumprimento da inscrición precisa e dos requisitos básicos esixidos para a mesma: ser maior de 18 anos e colaborador en entidades sociais.

As solicitudes de inscrición neste I Curso de formación presencial para árbitros destinados ás actividades Special Olympics Galicia deben enviarse vía mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. antes do 21 de decembro.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto