Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

3X3

BBVA trae a A Coruña o mellor espectáculo da NBA 28/09/2012

O Centro Comercial Marineda City acolle esta sábado e domingo o Tour NBA BBVA Experience 2012, un espectacular espazo de deporte e lecer dirixido a todos os afeccionados ao mellor baloncesto.

Por primeira vez A Coruña acolle esta festa do básquet, que mañá se inaugura coa presenza dun padriño de luxo: a lenda da NBA, Bruce Bowen Jr. Estrela que, á súa vez, visitou na mañá de hoxe aos nenos ingresados no "Hospital Materno Infantil Teresa Herrera" da Coruña.

A Federación Galega de Baloncesto, colaboradora de NBA e BBVA neste evento, estivo presente esta mañá na presentación do mesmo, representada polo seu Presidente de Honra, Francisco García.

O maior espectáculo de baloncesto do mundo, o da NBA, chega esta fin de semana á Coruña da man de BBVA. Durante dous días, o Centro Comercial Marineda City será escenario do Tour NBA BBVA Experience 2012, un roadshow dirixido a todos os amantes ao mellor baloncesto e que abrangue este ano o primeiro Campionato Oficial 3x3, estendido ao longo de 20 cidades españolas. 

Os afeccionados de todas as idades poderán gozar dun amplo conxunto de actividades deportivas e lúdicas como concursos de slalom e triplas, exhibicións de free stylers e dunkers, entre outros. Na Coruña contarase ademais coa presenza da lenda da NBA Bruce Bowen Jr, gañador de tres aneis da NBA cos San Antonio Spurs, e que hoxe mesmo visitou aos nenos ingresados no "Hospital Materno Infantil Teresa Herrera". 

O Tour aterra na Coruña coa presenza da FGB
A mañá deste venres viviu o inicio dos eventos que rodean á presenza do Tour NBA BBVA Experience na cidade herculina. Así, e coa presenza do Presidente de Honra da FGB, Francisco García; deuse o pistoletazo de saída coa presentación oficial ante os medios de comunicación. 

Francisco García, acompañado polo Director de Zona A Coruña de BBVA; Marcos Fernández Encinas; e polo Director de Mercadotecnia Partnership da NBA, Emilio García Duarte; deu a benvida á festa da NBA en A Coruña e recordou a participación na mesma do Comité Galego de Árbitros, a través do apoio de colaboradores e colexiados durante toda a fin de semana. 

O representante federativo agradeceu tamén a BBVA o seu esforzo por traer a Galicia o mellor baloncesto NBA, acción que considerou como un "total acerto".

Pola súa banda, o director de Zona da Coruña de BBVA sinalou que "BBVA, a través desta iniciativa, trae a España a mellor liga de baloncesto do mundo: a NBA. Ambas as institucións comparten os valores de superación, esforzo e traballo en equipo que a práctica deportiva consegue transmitir especialmente aos máis novos". "O noso afán de estar co deporte, cos mozos e coa Coruña. É un motivo de satisfacción co que nos sentimos especialmente ilusionados", apuntou. 

Unha auténtica festa do básquet
A competición dividirase, dende as 12.00 h deste sábado, en diferentes categorías por idade: nenos e nenas menores de 12 anos, menores de 14, menores de 16 e un grupo aberto de ambos os sexos para os xogadores de máis de 17 anos. Así mesmo, repartiranse aos equipos en varios grupos garantindo que cada equipo xogue un mínimo de tres partidos. Os campións do Torneo NBA 3X de cada cidade poderán participar nas finais nacionais do Campionato NBA que se disputarán en Barcelona o 8 e 9 de outubro.

Francisco García amosou todo o apoio da FGB ao Tour NBA BBVA

Francisco García amosou todo o apoio da FGB ao Tour NBA BBVA


© Federación Galega de Baloncesto 2007