Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

información e inscrición

A Delegación en Ourense anima aos clubs a participar nun Torneo 3x3 en MEGAXOVE 20/11/2009

A Delegación en Ourense da Federación Galega de Baloncesto quere ofrecer aos clubs a posibilidade de participar na vindeira edición de MEGAXOVE, o 10º salón da xuventude, que se organizará en Expourense entre o 4 e o 8 de decembro.

Dentro da súa intención de expandir as oportunidades de practicar baloncesto,  e a través dun Torneo 3 X 3 para xogadores e xogadoras nados nos anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002 (Minibasket), a Delegación abre así no día de hoxe a posibilidade de inscrición para esta  tradicional cita.

Esta competición 3 X 3 de Minibasket  levarase a cabo nas datas concretas do 7 e 8 de decembro e está dirixida a equipos femininos, masculinos e mixtos.  Todos eles terán que tramitar a súa inscrición nesta actividade a través da Delegación Ourensá de Baloncesto cumprimentando o formulario que se achega con esta nova.

A data límite para solicitar a participación no Torneo 3 x 3 será o 2 de decembro, ás 13.30 h. Nesta liña, e para poder elaborar o calendario da competición na maior brevidade posible, prégase aos equipos interesados que  dilixencien a súa inscrición o antes posible.

Megaxove: deporte e diversión
Megaxove busca a participación dos rapaces e rapazas ourensás  para fomentar entre eles valores como o compañeirismo, a igualdade, o traballo en equipo ou a convivencia interxeracional (pais - xogadores)

Así, ademais da faceta estritamente deportiva, materializada neste caso coTorneo 3 X 3,  MEGAXOVE ofertará obradoiros lúdicos e  exposicións educativas. Tratarase dunha perfecta combinación entre entretemento e ensino con Ciberzona, circuíto de educación viaria, xogos populares, teatro, monicreques, etc.

Toda a información relativa a anteriores edicións deste certame, así como os datos, máis polo miúdo, das diferentes actividades que oferta poden consultarse na web www.expourense.org


© Federación Galega de Baloncesto 2007