Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

febtv

Real Club Celta Indepo e Kics Ciudad de Vigo, protagonistas dos Partidos da Xornada en FEBTV 19/11/2009

A Federación Española de Baloncesto contará este venres, as 21.00 h, a través da súa canle de TV coa restransmisión do Real Club Celta Indepo - Argón Uni Girona como encontro da xornada en Liga Feminina.

Contando cunha producción e realización de alta calidade e ofertando unha nova e atractiva forma de ver Baloncesto, todos os seguidores do equipo vigués e os afeccionados galegos ao baloncesto poderán seguir este encontro que enfronta ao terceiro mellor ataque da Liga Feminina, o celtiña, co segundo combinado en captura de rebotes, o Argón.

Así mesmo, antes de desfrutar dun encontro tan atractivo podes consultar na propia web da Federación Española de Baloncesto os datos máis destacados da previa deste enfrontamento.

Máis Baloncesto vigués en FEBTV
En categoría masculina tamén un equipo vigués protagonizará o partido da xornada de FEB tv na Adecco Oro. Será o Kics Ciudad de Vigo que terá como rival, o domingo 22 de novembro nas Travesas, ás 12.30 h, ao CAI Zaragoza.

Pola súa banda, Leche Río Breogán e Aguas de Sousas terán o seu oco na programación da FEBTV. O equipo lucense, que viaxa a Mallorca, disputará, tamén o domingo a partir das 12.30 h e polas pantallas da canle da FEB, o seu encontro ante Básquet Mallorca.

No caso dos xogadores de Paco García, a súa quenda será en Ourense, ás 19.00 h da tarde, e ante C.B. Sant Josep.

Ligazóns


© Federación Galega de Baloncesto 2007