
xuntanza
A FGB mantén un encontro cos clubs da Delegación en Vigo 18/11/2009A Federación Galega de Baloncesto realizou na tarde do luns, na Casa do Deporte, en Vigo, a súa segunda toma de contacto cos clubs galegos, coa intención de coñecer de primeira mans a súa situación e problemáticas.
Coa presenza dos representantes de diferentes clubs desta delegación, nun clima de cordialidade, o equipo directivo da Federación Galega de Baloncesto, encabezado polo seu presidente, Francisco Martín Micó, e o seu vicepresidente primeiro e delegado en Vigo, Alberte Zato, convidou a todos os asistentes a comunicarse libremente e expoñer as súas ideas.
Deste xeito, os clubs da Delegación de Vigo alí presentes aproveitaron a oportunidade para realizar as súas cuestións e propostas sobre diferentes temas importantes no día a día de cada equipo.
Os comentarios relativos ao sistema de competición das Ligas FGB e ao sistema de pagos das arbitraxes protagonizaron o intercambio de impresións entre Federación e clubs.
Terceira reunión en A Coruña
Tras a celebración de dúas reunións desta índole, nas delegacións de Ourense e Vigo, a quenda será agora para todos os clubs da delegación coruñesa.
Así, a Federación Galega de Baloncesto realizará, o vindeiro día 23 de novembro, ás 20.00h, no salón de actos do Centro Social Sagrada Familia, sede da propia delegación, unha nova reunión para a que xa foron convocados oficialmente os representantes de todos os clubs da zona.
O equipo directivo da Federación Galega de Baloncesto no encontro do luns cos clubs de Vigo
© Federación Galega de Baloncesto 2007