
torneo 3x3
O Diario de Pontevedra organiza unha nova edición da súa festa HQR! con presenza do Baloncesto 17/11/2009Por octavo ano, o Diario de Pontevedra organiza a Festa HQR! co obxectivo de que sexa un evento lúdico - festivo do deporte de Galicia. Trátase dunha iniciativa na que estará presente o Baloncesto, a través dun torneo 3x3, xunto a modalidades como fútbol sala, balonmán, rugby, fútbol, natación, tenis, tenis de mesa ou esgrima. Así ata un total de 22 disciplinas.
Esta festa do deporte terá lugar os vindeiros días 26 e 27 de decembro en Pontevedra. Realizarase nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, no Pavillón Universitario e no colexio Manuel Vidal Portela.
O Diario de Pontevedra, como promotor desta iniciativa, agarda que a edición de 2009 sexa lembrada durante años pola súa diversión e pola súa deportividade. Está no seu propósito organizar unha festa de todos e para todos.
Actividades e documentación
Todos os clubs interesados en participar nunha iniciativa destas características poden consultar nos documentos que se achegan con esta información a folla de inscrición nesta festa así como o regulamento para o Torneo de Baloncesto que se configurará en modo 3x3 e para as categorías Benxamín (2000 - 2001), Alevín (98-99) e Infantil (96 - 97).
Nesta mesma documentación pódese atopar, claramente indicado, o proceso correcto para tramitar a inscrición, así como as direccións exactas para dirixir os trámites, cuxo prazo remata o 1 de decembro.
© Federación Galega de Baloncesto 2007