
COMPETICIÓNS
Suspendidas TODAS as LIGAS FGB e ZONAIS por mor da Situación Meteorolóxica 30/01/2009Seguindo instrucións da Consellería de CULTURA E DEPORTE da Xunta de Galicia e en vista da situación meteorolóxica da nosa Comunidade, a Federación Galega de Baloncesto toma a decisión de SUSPENDER A XORNADA correspondente ao fin de semana do 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro.
Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma.
Así mesmo, habilítase como data de xogo desta Xornada o día 19 de Marzo do 2009.
As categorías nas que non se xogará ningunha competición son as relacionadas a continuación:
- 1ª DIVISIÓN MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA.
- LIGA FGB SÉNIOR FEMININA.
- LIGAS SÉNIOR ZONAIS E INTERZONAIS.
- LIGAS JÚNIOR ZONAIS, INTERZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS CADETES ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS INFANTÍS ZONAIS E AUTONÓMICAS.
- LIGAS MINIBASKET.
- LIGAS PREMINIBASKET.
© Federación Galega de Baloncesto 2007