Deporte Galego

Estrea da Formación en Iniciación para Adestradores 2021 - 2022

  • 30 Agosto 2021 |

Dúas primeiras convocatorias de Cursos nas zonais FGB de Arousa e Ourense, programados para realizarse entre os vindeiros días 3 e 5 de setembro, abren o presente ciclo didáctico neste estadío formativo.

A posibilidade de inscribirse nestes dous primeiros cursos manterase aberta ata o vindeiro día dous de setembro coas seguintes características:
Delegación Arousa
Sede: Vilagarcía (Pavillón Castelao)
Datas: 3, 4 e 5 de setembro 2021.

Delegación Ourense
Sede: Ourense (Colexio Salesianos)
Datas: 3, 4 e 5 de setembro 2021.

Os trámites para realizar a inscrición deben cumprirse na seguinte orde:
1. Execución do pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío vía mail á delegación correspondente do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición

Normativa 2021 - 2022
A temporada 2021 - 2022 contempla una renovada normativa para os Cursos de Iniciación, aplicable xa nestas dúas primeiras convocatorias, e recollida nun documento que xa se pode consultar.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence