Deporte Galego

Reactivamos a formación en iniciación para Adestradores

  • 05 Maio 2021 |

A Formación en Iniciación para Adestradores regresa por fin nesta temporada 2020 - 2021. A Área Deportiva FGB presenta a programación neste nivel para o ciclo deportivo actual, o cal, a pesar de estar marcado inevitablemente polas limitación marcadas pola COVID19, pode ofrecer xa tres novas alternativas formativas para os adestradores que comezan a súa traxectoria.

Nesta liña, as novas convocatorias abertas dende xa para a realización dos cursos de iniciación, comprenden as seguintes localizacións e datas:

Delegacións Ferrol e Lugo
Sede: As Pontes.
Datas: 14, 15, 16 e 17/05/21

Delegación Coruña
Sede: A Coruña.
Datas: 18, 19 e 20/06/21.

Delegación Vigo
Sede: Vigo.
Datas: 18, 19 e 20/06/21.

A inscrición para estas tres citas queda oficialmente aberta, dependo cumprirse, por parte dos interesados en tramitala, os seguintes pasos:
1. Execución do pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío vía mail á delegación correspondente do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición e solicitude de bolsa se se realiza, documentos estos dous últimos que achegamos con esta información e que se atopan tamén dispoñibles no apartado Documentación da Web. 

Normativa 2020 - 2021
Neste mesmo apartado web, atópase actualizada a normativa dos cursos de iniciación para esta temporada, na que se detallan, paso a paso, as fases temporais e didácticas a levar a cabo polos alumnos. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka