Cita formativa en Ourense co "Seminario de Técnica Individual"

Xoves, 07 Marzo 2019 17:04

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Colexio Carmelitas, promove en Ourense unha nova convocatoria da súa programación didáctica, neste caso baixo o formato xa coñecido de “Seminario de Técnica Individual”.

O vindeiro 19 de marzo, con sede no Pavillón do propio Colexio Carmelitas, celebrarase este Seminario co obxectivo de reunir aos adestradores e adestadoras galegas nunha actividade na que os referentes serán César Iglesias, Director Técnico en Novobasket Vigo; e David Barrio; Seleccionador Cadete Feminino de Castilla León.

 

Ambos técnicos convidados compartirán cos asistentes un tempo (10.30 h e 12.00 h) formativo e de interacción, tanto teórica como práctica, que xirará en exclusiva en torno ao concepto base que centra este Seminario: a técnica individual.

César Iglesias: "Aplicacións do manexo de balón na Técnica Individual".

David Barrio: "Progresión no adestramento específico do tiro".

Inscrición
A inscrición neste “Seminario de Técnica Individual” deberá realizarse do xeito habitual (vía email a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) antes do 15 de marzo. Esta data será a última na que se recibirán as solicitudes de participación, nas que os interesados e interesadas deben engadir o seu nome e club de referencia.

Validación
Os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que tomen parte deste Semininario poderán sumar ao seu expediente individual un total de 8 horas de formación complementaria.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.