Cita coa “Aula Formativa do Adestrador Galego” en Homenaxe a Cristina Seijo

Xoves, 31 Xaneiro 2019 17:15

A Federación Galega de Baloncesto programa para o 10 de febreiro a súa primeira “Aula Formativa do Adestrador” da presente temporada 2018 - 2019. E faino cunha sede, obxectivo e colaboradores moi especiais.

Da man de C.B. Breogán e Deputación de Lugo; a Área de Adestradores FGB celebrará na cidade da muralla unha nova sesión do seu formato “Aula Formativa” en homenaxe a Cristina Seijo, coñecida e querida xogadora, adestradora e directiva lucense falecida o pasado ano 2018.

Cristina Seijo, que dedicou toda a súa vida ao baloncesto lucense impulsándoo dende diferentes perspectivas, será recordada no marco dunha actividade para e por adestradores. Os protagonistas que exercerán de conferenciantes e guías desta aula serán tres grandes nomes, de traxectorias recoñecidas tanto do baloncesto lucense como nacional: o actual Seleccionador Galego Cadete, Tito Díaz; o adestrador Madrileño Pepe Laso; e o presente secretario técnico do C.B. Breogán; Juan Carlos Castro.

Formación e Basket ACB

Esta aula formativa celebrarase no Pavillón de FRIGSA a partir das 10.00 h do indicado día 10 de febreiro, seguindo unha axenda que se iniciará con tres charlas consecutivas (10.00 h: Juan Carlos Castro; 11.15 h: Tito Díaz; e 12.30 h: Pepe Laso) e culminará, xa en horario de tarde, no partido de Liga Endesa entre C.B Breogán e UCAM Murcia, cita á que poderán acceder de balde os asistentes á totalidade da actividade.

A programación a seguir durante as tres intervencións será ben interesante grazas á estas temáticas:

Juan Carlos Castro: "A Escola do Baloncesto".

Tito Díaz: "Construír un ataque cun xogador interior".

Pepe Laso: "Ser e convertirste en Adestrador".

Inscrición e validación formativa

Os adestradores decididos en tramitar a súa inscrición nesta aula poderán facelo de xeito gratuito ata o vindeiro sete de febreiro, enviando vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) a súa solicitude de participación e datos básicos.

Así mesmo, como é habitual nas actividades de formación FGB, os alumnos dos cursos de adestradores terán a posibilidade de validar a presencia nesta Aula por un total de 8 horas de Formación Complementaria.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.