Éxito do "Claustro Docente FGB"

Luns, 16 Octubre 2017 07:41

Durante toda a xornada do xoves, 12 de outubro; tivo lugar en Sarria unha edición máis do "Claustro Docente FGB". O organismo federativo contou para ilo coa colaboración do Concello de Sarria e do Club Baloncesto Sarria, recurrindo para ilo ás instalacións do Novo Pavillón do Chanto, así como do Pavillón dos Institutos da vila xacobea.

 Catro foron os poñentes que aportaron todos os seus coñecementos a un total de 110 adestradores e axudantes vidos de numerosos puntos de Galicia, entre eles un total de dazaseis pertencentes á propia entidade baloncestística sarriá.

Claustro Técnico FGB - Sarria 2017 1

A primeira charla correspondeu ao adestrador “Tito” Díaz, versando o lucense sobre Lecturas defensivas e ofensivas do bloqueo directo. A matinal completouse coa aportación do técnico manresán afincado en Menorca, Ricard Casas. O ex adestrador do equipo angoleño “1º de agosto” falou sobre Construcción táctica ofensiva orientada á dirección do partido.

Pola tarde interviu en primeiro lugar o vilagarcián Manu Santos, cunha charla titulada Planificación técnico-táctica en microciclo de competición, rematando a interesante xornada formativa o vigués Miguel Méndez, aportando sapiencia dende Defensa en distintas situación no baloncesto moderno”.

Preselección Galega Cadete Masculina
Igualmente Sarria acolleu, aproveitando a presencia destes catro prestixiosos adestradores, unha sesión de adestramento da Preselección Galega Cadete Masculina. Un total de 28 xogadores, 14 deles nados en 2002 e outros 14 nados en 2003; aproveitaron este clinic para avanzar un paso máis no seu proceso formativo como membros do equipo autonómico da devandita categoría.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.