I Clínic Lago de As Pontes - Baloncesto Base

Xoves, 09 Marzo 2017 18:13

Club Baloncesto As Pontes, en colaboración con Concello de As Pontes e Federación Galega de Baloncesto; pon en marcha o “I Clínic Lago de As Pontes”, actividade dirixida a adestradores do ámbito do baloncesto base e que concentrará, no Pavillón municipal desta localidade, un total de tres ponencias de referencia.

A cita, a celebrar o vindeiro 15 de abril, contará coa participación de tres técnicos con ampla e nutrida traxectoria, que deixarán as súas experiencias ao servicio das seguintes temáticas:

Davor Matkovic (Zagreb, Croacia. Especialista en traballo de Técnica Individual)
“A importancia da técnica individual”

Ángel Colino (Preparador físico e 2º adestrador en Palma Air Europa. LEB Oro)
“A preparación física a través do baloncesto”.

Chiqui Barros (Actualmente na dirección do Filial Club Básquet Coruña)
“Simplificando o adestramento: exercicios como medio vs exercicios como fin”

Programa Completo

(09:30 h - 10:00 h) Recepción e entrega de documentación.

(10:00 h - 11:45 h) 1ª Ponencia.

(11:45 h - 12:00 h) Descanso.

(12:00 h - 13:45 h) 2ª Ponencia.

(13:45 h - 16:00 h) Xantar.

(16:00 h - 17:45 h) 3ª Ponencia.

(17:45 h - 18:00 h) Descanso.

(18:00 h - 19:00 h) Coloquio.

(19:00 h) Clausura.

Inscrición
Os adestradores interesados en tramitar a súa inscrición neste “I Clínic Lago de As Pontes” terán ata o 10 de abril para enviar email a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. indicando nome, DNI, data de nacemento e achegando xustificante de pago da cuota (ABANCA IBAN ES40 2080 0230 6430 4000 6813), así como a acreditación do motivo en caso de aboar tarifa reducida ou súper reducida.

Cuota normal: 25 €

Cuota reducida: 20 € (4 inscritos ou máis do mesmo club ou técnicos que realizaran formación FGB nas temporadas 15/16 ou 16/17)

Cuota súper reducida: 10 € (Desempregados)

Validación
A colaboración da Federación Galega de Baloncesto neste “I Clínic Lago de As Pontes” realízase en virtude da concesión por parte da súa área deportiva dun total de 10 horas de formación complementaria e 1 CETI a todos aqueles adestradores que participen na actividade de xeito completo.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.