Nova cita coa "Aula Formativa do Adestrador Galego"

Venres, 03 Marzo 2017 17:17

A "Aula Formativa do Adestrador" non detén o ritmo. Tras estrear temporada o pasado 28 de febreiro en Redondela, a Área Deportiva FGB convoca ao adestradores galegos a unha nova oportunidade didáctica, a celebrar en Allariz (Polideportivo Municipal Allariz) o vindeiro domingo, 12 de marzo; da man de Concello local e C.B. Allariz.

Nesta ocasión, esta nova “Aula” combinará a teoría e practica con dúas charlas protagonizadas polos técnicos Pablo Abuín e Manu Santos, os cales, en horario de tarde, abordarán dúas temáticas diferentes:

(17.00 h) “Mellorar un grupo dende o enfoque ofensivo” (Pablo Abuín).

(18.30 h) “Metodoloxía Defensiva cara a construción táctica” (Manu Santos).

Inscrición e validación
Os interesados participar nesta dobre sesión poderán facelo previa solicitude vía mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. remitindo no mesmo: datos persoais, club de procedencia e título da “Aula” en cuestión. O proceso para inscribirse remata o vindeiro dez de marzo.

Así mesmo, e como vén sendo habitual, os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen nesta Aula poderán validar a súa asistencia por un total de oito horas de formación complementaria e un CETI.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.