O pase en minibásquet, tema da segunda xornada de formación a adestradores

Martes, 14 Febreiro 2017 16:31

 Organizada polo Club Básquet Coruña e impartida por Chiqui Barros. 

(Info: Básquet Coruña) Este domingo terá lugar a segunda sesión das Xornadas de Formación para Adestradores "E ti como adestras?", organizadas por segundo ano consecutivo por Básquet Coruña. Nesta ocasión, a polideportiva de Riazor 1 acollerá ás 19:00 horas o encontro co adestrador Chiqui Barros, que centrará a súa intervención no "Pase en minibásquet".

Nesta edición de "E ti como adestras?" todas as sesións xiran en torno aos primeiros anos de formación, con especial protagonismo ao deporte da canastra nas idades máis novas. Para asistir, tan só é necesario comunicalo previamente ao club, enviando un correo á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

As xornadas están abertas a todos os adestradores e adestradoras de baloncesto da Coruña e de Galicia en xeral. Así mesmo, poden asistir afeccionados que desexen profundar nos temas abordados, do mesmo xeito que técnicos doutras modalidades deportivas. A Federación Galega de Baloncesto outorga 3 horas de formación por xornada aos participantes en proceso de obtención dalgún dos títulos de adestrador desta disciplina deportiva.

Co ciclo "E ti como adestras?", o Club Básquet Coruña pretende favorecer a formación dos seus adestradores e abrirse á colaboración con outras entidades deportivas, ofrecendo un foro estable no que compartir coñecementos e experiencias da man de profesionais de prestixio, co fin último de contribuír ao progreso do deporte galego mediante a cualificación dos seus técnicos. Tamén se busca aproveitar sinerxias coa Federación Galega de Baloncesto e entre os propios clubs.

Próximas sesións

As seguintes charlas programadas son, co mesmo horario:

19 de marzo: "Contraataque en categorías de formación", a cargo de Joaquín Moreira.

23 de abril: "O uso eficaz do bote no minibasket" a cargo de José Ángel Rivera Mozan.

21 de maio: "Pintura Barroca Holandesa: metodoloxía de adestramento para categorías de formación", a cargo de Javier Orosa.

18 de xuño: tema e experto pendentes de confirmación.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.