Deporte Galego

Adestradores: Convocatoria aberta para o "VI Claustro Docente FGB"

  • 23 Novembro 2016 |

A Área Deportiva FGB dá a coñecer os primeiros detalles da que será a sexta edición do seu claustro docente FGB, con convocatoria marcada para o vindeiro domingo, 4 de decembro, na localidade de Porriño (Polideportivo Municipal, de 10:30 h a 20:00 h), coa colaboración do Concello local e do Club Porriño Baloncesto Base. 

Nesta ocasión, o programa deste "VI Claustro Docente FGB" contará coa presenza de Lluis Riera (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Pau del Tio (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Gonzalo Rodríguez (Adestrador Axudante Obradoiro CAB) e Alex de La Vega (Preparador físico Star Center Universitario Ferrol LF e Selección Española u18 feminina).

(10:30 h) "Traballo Físico integrado na formación do xogador" (Alex De La Vega).

(12:00 h) "Como aproveitar o contacto en idades de formación" (Lluis Riera).

(16:30 h) "Compoñentes técnicos e tácticos do pase" (Pau del Tio).

(18:00 h) "Defender por convicción" (Gonzalo R. Palmeiro).

Inscrición
A inscrición no "VI Claustro Docente FGB" debe tramitarse vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) antes do vindeiro venres, día 2 de decembro (14.00 h). A mesma será de balde, sempre que se indiquen, na comunicación previa, os datos persoais e club de precedencia. 

O habitual valor engadido da convocatoria vén da man da validación de 12 horas de formación complementaria para os alumnos dos cursos de adestradores FGB que asistan ás catro sesión completas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka