Adestradores: Vigo estrea a formación en iniciación 2016 - 2017

Xoves, 20 Octubre 2016 16:03

A Delegación FGB en Vigo inaugura a actividade formativa para adestradores na presente temporada. Co nivel de iniciación no obxectivo, a zonal viguesa activa a convocatoria dun novo curso a celebrar neste mesmo mes de outubro, complementando neste a didáctica presencial e, como novidade, o traballo online.

As premisas desta primeira convocatoria de iniciación 16 - 17, as cales deben seguir os interesados en tomar parte da mesma, son:

Delegación Vigo – Curso de Iniciación para Adestradores. Outubro 2016

Formación presencial. Datas lectivas: 29 de outubro (16:00 h a 21:00 h), 30 de outubro (de 09:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h), 31 de outubro (16:00 h a 21:00 h) e 1 de novembro (de 09:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h). Sede: Colexio Mariano.

Formación on line: mes inmediatamente posterior ao remate da fase presencial.

Inscrición: os interesados en realizar a inscrición deben xestionar a mesma vía mail na delegación viguesa ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) antes do vindeiro 27 de outubroPreviamente a este envío, será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Os futuros alumnos poderán optar a bolsas económicas de axuda para a súa matriculación, fórmula á que poderán acceder sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS na primeira convocatoria do propio curso. O departamento de adestradores da FGB recibirá todas as consultas oportunas relativas a este proceso ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.